2 jul 2020

Ferramentas agrarias na Pastoriza

Durante o confinamento, o alumnado de 2º ESO amosounos como usar algunhas ferramentas; e tamén recollen os distintos nomes que estas reciben na Pastoriza e en outros lugares de Galicia.
Deixamos  aquí algúns dos seus vídeos:
Moitas grazas a todas e todos pola voso traballo!

21 feb 2020

Día Internacional da Lingua Propia

Para que poidamos seguir sendo galegos, falemos galego.
Transmitamos de xeración en xeración a nosa lingua para asegurar o seu futuro.


7 ene 2020

Lecturas 2ª Avaliación

1º ESO 

Estamos en Bagdad, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d’As mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúa. Alleo a todo, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.

2º ESO
volveras, golfiño-andrea maceiras-9788499145792

A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre; con lendas afundidas polo tempo e polas augas; cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida onde, en ocasións, nadan os golfiños.


3º ESO


Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubriá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.




4º ESO

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián. todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar.


Gozade da lectura e non esquezades deixar aquí os vosos comentarios.


25 nov 2019

Lecturas: 25 Novembro

Aquí vos deixo algunhas recomendacións literarias:

 




A lectura fainos libres e fortes!
Gocemos lendo!

II Concurso de Haikus e Haigas contra a Violencia Machista

Esta convocatoria, igual ca anterior, pretende sensibilizar a toda a comunidade educativa na loita contra a violencia machista. Así o expresamos coa nosa creatividade.

A participación do noso alumnado na creación de Haikus e haigas foi todo un éxito.


O xurado reunirase nesta semana para escoller os mellores. Non o teñen fácil!

Este ano ampliamos a  creatividade ao profesorado e ao persoal non docente, estes non participamos no concurso, pero si seremos xulgados polo noso alumnado.


Todos estes traballos encadernaranse e ficarán na biblioteca  do noso centro.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa acollida!

30 oct 2019

Pão-por-Deus


As alunas e o aluno de Português percorreram o IES Fonminhá para apresentar aos seus colegas esta tradição portuguesa.
Nos días previos elaboraram um cartaz com os conteúdos que hoje expõem pelas aulas.


Introdução:

O Pão - por- Deus celebra-se o dia 1 de novembro, os meninos saíam  a pedir pelas portas: pão, broa, frutos secos, bolos…

Na atualidade sofre uma alteração, pois agora dão-lhes: rebuçados, dinheiro e chocolates. Está em risco de desaparecer esta tradição por causa da celebração do halloween.

A origem do Pão -por- Deus debe-se ao terramoto de Lisboa de 1755, pois a cidade ficou destruída e as pessoas pediam pelos subúrbios: Pão - por- Deus.

PARA PEDIR:

Companheiros e companheiras,
para nos alimentar,
bolinhos e bolinhas

hão-nos de dar.


PARA DESAGRADECER:

Não nos querem dar nada?

então, receberão uma cacetada.

E podemos fazer muito mal
pois vimos de Portugal!
Lucía e Xairo recollendo  o que os compañeiros de 1º ESO lles dan.
Apañando a colleita en 4º ESO
PARA AGRADECER:
Muito obrigados por estes rebuçados,
que vocês nos dão encantados.
Desejamos-vos o melhor
con todo o noso amor.

Emeralda, Noelia, Lucía, Xairo e Iria en 1º ESO
PARA DESPEDIRSE:
Muito obrigados!

Por este Pão-por-Deus.

Nós já vamos embora.

Então, adeus!


Muito obrigada pelo entusiasmo em como puseram em cena esta tradição portuguesa!

24 oct 2019

Día da Biblioteca

Grazas a todas e todos polas vosas achegas, sen elas non sería posible presentarvos esta marabillosa exposición de libros antigos. Temos expostas verdadeiras xoias: algunhas obras de comezos do século XX, outras máis recentes... Contamos con dous dicionarios da RAE dos inicios do século XX, varios Quijotes, dúas obras en latín, dúas en francés, un manual de inglés, un de logaritmos...




Libros e saberes que permanecen a través do tempo...